21/10/11
Camiñada polas beiras do río Eifonso
Xuño 2011
Fotos de Chelo Fontán
18/1/11
Obra de teatro: ¡¡¡Aquí non paga ninguén!!!
Máis información
4/12/09
Contos que non falten
13/5/09
Viaxe das Letras Galegas “Terras do Ribeiro”
Saída: 9.15 h
Lugar: Escola de Idiomas de Vigo
Prezo: 12 € (inscrición na conserxaría da EOI)
Visita guiada polo interior do máis grande dos mosteiros que temos en Galicia. Coñeceremos a súa historia, arte e desenvolvemento enmarcado no que foi a evolución da comarca do Ribeiro.
O Carballiño - igrexa da Vera Cruz
Obra relixiosa cimeira do noso arquitecto Antonio Palacios. Faremos unha visita guiada por todo este templo para coñecer as claves arquitectónicas da construción de Palacios e a súa vinculación co resto da súa obra en Vigo e Galicia
O percorrido a pé pola beira do río ao longo do parque municipal e o etnográfico permitirannos ter unha visión diferente deste concello
Xantar
Castro de San Cibrán de Las
O castro máis grande de Galicia. Na actualidade en proceso de restauración e recuperación
Esta aldea preto de Leiro é un lugar de visita e coñecemento obrigado. Foi declarada conxunto histórico e artístico en 1973. Presenta cinco pazos no seu interior, xunto con casas de fermosa fasquía, igrexa románica
11/5/09
Conferencia das Letras Galegas
Carlos Fernández
“Ramón Piñeiro na historia de Galicia”
| Data: | Luns, 11 de maio |
| Hora: | 20.00 h |
| Lugar: | Aula magna |
Carlos Fernández é licenciado en Historia, profesor de filosofía de Bacharelato e ensaísta.
Membro do Consello de Redacción da revista GRIAL e director dos Encontros de Mondariz-Balneario da Fundación Carlos Casares.
Entre outras publicacións, é autor de O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega, premio Anxel Fole no ano 1988, de O Vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro, e coautor, con Anxo Rei Ballesteros, de Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Carballo, premio Anxel Fole 2007. Este ano comisariará, xunto a H. Monteagudo, a exposición itinerante sobre R. Piñeiro, que se inaugurará o 14 de maio.
Organiza: Departamento de Galego
26/3/09
Gonzalo Navaza. Conferencia-coloquio
Hora: 20.00 h
Lugar: Aula Magna
Conferencia sobre os nomes de lugar e sobre os apelidos.
19/2/09
Conferencia de Anxos Sumai
Data: luns 2 de marzo
hora: 20.00 h
Lugar: Aula Magna da EOI.
Título: "De como un neno gordo chocou cunha balea"
Despois de que o club de lectura de galego traballase o libro de Anxos Sumai Así nacen as baleas, a autora visita a nosa escola para falar sobre a súa obra.
Será un encontro aberto con todas aquelas persoas que queiran coñecer máis de cerca a escritora e a súa obra.
21/11/08
O escritor Xavier Castro na EOI
"Historia da muller e das relacións amorosas en Galicia"
Data: luns 24 de novembro
Hora. 20.00 h
Lugar: aula magna da EOI
XAVIER CASTRO PÉREZ (Cangas do Morrazo, Pontevedra 1954) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1982). Imparte docencia desde 1980 na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, como Catedrático de E. U. na área de Historia Contemporánea.
Acumula unha amplia experiencia docente e investigadora levada a cabo en universidades e centros de estudios de Argentina, Francia e Estados Unidos. Dirixiu varios proxectos de investigación subvencionados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación.
En colaboración co profesor Jesús de Juana promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Foi subdirector e membro do consello de redacción da revista Grial.
Entre as súas publicacións sobresaen: O galeguismo na encrucillada republicana (1983), A lume manso. Estudios sobre historia social de la alimentación (1998), Ayunos y yantares: Usos y costumbres en la historia de la alimentación (Nivola, 2001), A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares, (Trea, 2006). Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX). (Nigratrea, 2007). Estas publicacións obtiveron relevantes premios de investigación (entre outros, o premio de investigación Álvaro Cunqueiro de Gastronomía, en dúas edicións, e o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo).
Tamén é autor de numerosos artigos en libros colectivos e revistas especializadas sobre a temática do nacionalismo, a alimentación, a bebida e a emigración galega en América, temas que conforman as liñas principais do seu traballo de investigación. Tamén escribiu numerosos artigos na prensa e impartiu un gran número de conferencias.
Comisario da Exposición do cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000). Membro da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (do Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Imparte cursos sobre a cultura e cata do viño e desempeñou o traballo de asesor histórico en varios proxectos audiovisuaiss (As leis de Celavella, La cocina atlántica, A casa de 1906, e de 1907).
Na actualidade promove, en calidade de investigador principal, o Proxecto de Investigación "Turismo histórico, gastronómico, enológico y cultural, en la ciudad Santiago de Compostela”, patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.
