13/5/09

Viaxe das Letras Galegas “Terras do Ribeiro”

Sábado 16 de maio
Saída: 9.15 h

Lugar: Escola de Idiomas de Vigo
Prezo: 12 € (inscrición na conserxaría da EOI)

Mosteiro de Oseira
Visita guiada polo interior do máis grande dos mosteiros que temos en Galicia. Coñeceremos a súa historia, arte e desenvolvemento enmarcado no que foi a evolución da comarca do Ribeiro.

O Carballiño - igrexa da Vera Cruz

Obra relixiosa cimeira do noso arquitecto Antonio Palacios. Faremos unha visita guiada por todo este templo para coñecer as claves arquitectónicas da construción de Palacios e a súa vinculación co resto da súa obra en Vigo e Galicia


O Carballiño - parque Etnográfico
O percorrido a pé pola beira do río ao longo do parque municipal e o etnográfico permitirannos ter unha visión diferente deste concello

Xantar

De bocata: xantaremos nas zonas acondicionadas do parque etnográfico. Preparade bocatas, bebidas, petiscos para a sobremesa e moitas ganas de cantar, porque cancións non han de faltar, coma noutras ocasións
De restaurante: para quen quixer, dentro do parque hai un restaurante concertado. Prezo do xantar 10 €

Castro de San Cibrán de Las

O castro máis grande de Galicia. Na actualidade en proceso de restauración e recuperación
Ofrece a posibilidade de perderse na súa inmensidade despois da visita guiada que fagamos como grupo par coñecermos máis de preto a forma de vida e de organización urbana que tiña este pobo galaico


Pazos de Arenteiro
Esta aldea preto de Leiro é un lugar de visita e coñecemento obrigado. Foi declarada conxunto histórico e artístico en 1973. Presenta cinco pazos no seu interior, xunto con casas de fermosa fasquía, igrexa románica
Situada na confluencia dos ríos Avia e Arentei, gozaremos duns inesquecibles momentos polas súas ribeiras perfectamente acondicionadas para o paseo polo corazón dunha exuberante natureza

No hay comentarios: