30/3/17

CONCURSO INTERRAIL 2017- VIAXA POR EUROPA




O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de  Idiomas de Vigo,  en colaboración con Renfe, convoca o
"Concurso Interrail Letras Galegas 2017: homenaxeando a Carlos Casares”.
BASES
1.- TEMÁTICA
Poderán entrar en concurso todos os traballos inéditos que ilustren  unha frase ou unha obra de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no día das “Letras Galegas”.
Serán descartados os traballos que non se cinxan ao tema do concurso.
O Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Vigo reserva o dereito de decidir se os traballos presentados cumpren cos requisitos de contido estipulados e poderá eliminar do concurso os traballos obxectivamente imprecisos, ofensivos ou cuestionables por razóns éticas ou legais.
2.- PARTICIPANTES
Poderá participar todo o alumnado matriculado en cursos ordinarios no curso 2016-2017 na EOI de Vigo (central -Martínez Garrido- e todas as seccións -Cangas, Coia, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Tui).
3.- CONTIDO
Cada participante poderá presentar un máximo de dous marcapáxinas orixinais en formato físico e/ou dixital (ficheiro de imaxe JPG cunha resolución aceptable). Os traballos que presenten algún tipo de marca, copyright ou firma que faga referencia ao seu autor non serán admitidos para o concurso.
O traballo debe ilustrar dalgún xeito unha breve frase (máximo de 30 palabras)  dunha publicación de Carlos Casares e que deberá achegarse xunto co marcapáxinas .
4.- PRESENTACIÓN
Os traballos deberán presentarse vía correo electrónico eoi.vigo.edl@gmail.com, xuntando ficheiro anexo ou indicando ligazón a ficheiro descargable. Tamén poderán presentarse, si así se desexa, físicamente  na conserxería da EOI de Vigo nun sobre pechado.  Deberase indicar no sobre de presentación na conserxería e  no asunto da mensaxe electrónica o seguinte: “Concurso Interrail 2017”.
Na mesma mensaxe ou no sobre ha de incluírse a frase ou verso de Carlos Casares que se ilustra no traballo citando a fonte (título do libro ou publicación e, de ser posible, ano de edición e editorial).
Deberase indicar tamén as seguintes informacións autorais: nome, apelidos, DNI, enderezo completo, teléfonos de contacto, correo electrónico de contacto. Estes datos serán gardados e numerados ata que o xurado decida os traballos premiados

5.- PRAZO DE ADMISIÓN DE TRABALLOS
O prazo de presentación dos traballos para o concurso estará aberto dende o 25 de abril de 2017 ata o 10 de maio de 2017, ás 21:00 horas.
6.- PREMIOS
Primeiro premio: UN (1) billete de tren na modalidade Interrail Global Flexi, 2ª clase, para viaxar 10 días por Europa
Esta modalidade do billete Interrail permite viaxar en tren 10 días por 29 países europeos nun prazo dun mes.
As condicións do billete figuran ao final das bases do presente concurso e tamén se poden consultar con Renfe.




7.- XURADO
O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Vigo. En caso de empate pediráse a participación dunha persoa externa ao xurado elexida polo EDL".
8.- DITAME
O veredicto do xurado darase a coñecer o martes  16 de maio de 2017, e terá carácter inapelable.
O xurado poderá deixar deserto o premio se considera que os traballos presentados non reúnen a calidade mínima necesaria.
9.- NORMAS
·         Os traballos deberán ser orixinais e inéditos.
·         xurado poderá solicitar aos gañadores os arquivos orixinais.
·         premio será entregado o xoves 18 de maio ás 12:30 h na EOI de Vigo (Central), salvo imprevistos.
·         A persoa gañadora do primeiro premio terá o compromiso co Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Vigo de dar a coñecer a experiencia da viaxe realizada por Interrail achegando fotos da viaxe e realizando un breve resumo da mesma para unha futura exposición.
·         A organización reserva o dereito de modificar estas bases.
·         Todos os traballos presentados, así como o premiado, serán cedidos á EOI de Vigo e poderán ser usados pola EOI de Vigo ou Renfe. As persoas participantes autorizan a publicación dos traballos presentados na web da EOI de Vigo http://www.eoidevigo.org/, así como noutros posibles medios ou páxinas web que determine o Equipo de Dinamización Lingüística.
·         Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Vigo terá potestade para tomar decisións sobre imprevistos que poidan xurdir tanto en relación aos participantes do concurso como no que se refire aos premios.
A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
10.- PROTECCIÓN DE DATOS
No cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informámolo/a de que os datos dos participantes quedarán incorporados nun ficheiro de datos do Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Vigo, e será o responsable del o coordinador do Equipo de Dinamización Lingüística, e que ten como finalidade a organización na participación desta actividade.
A persoa interesada poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á EOI de Vigo, situada na rúa Martínez Garrido, 17, 36205 VIGO, coa referencia: “Protección de Datos - Equipo de Dinamización Lingüística”, a través dun escrito asinado para o efecto e xuntando fotocopia do seu DNI.

Condicións para utilizar o billete Interrail
Datos do beneficiario necesarios:
            - Nome e apelidos (tal e como figura no documento de identidade)
            - Núm. de DNI/NIE e país de residencia
            - Data de nacemento
            - Data a partir da cal desexa comezar a viaxe
As peticións de emisión deberán ser realizadas cunha antelación mínima de 20 días á data de inicio da viaxe.
O billete emitirase segundo as modalidades mozo (menos de 28 anos) ou adulto (de 28 a 59 anos).
O billete é persoal e intransferible; no caso de declinar a viaxe, o gañador non adquire o dereito de traspasalo a ningunha outra persoa.
Unha vez emitido, non se admiten cambios nin está permitido o reembolso polo seu valor en metálico.
O billete é válido para comezar a viaxe ata o 31 de decembro de 2017.
Segundo as normas de Interrail, o viaxeiro debe ter residencia permanente nun país europeo.
Renfe declina calquera responsabilidade no proceso de asignación dos billetes.