14/3/14

Concerto de Minyô de Tôhoku (Música tradiciona xaponesa)

Entre 2013 e 2014 celébrase o Ano Dual España-Xapón. Conmemórase o catrocentos aniversario dende que o señor feudal da rexión de Tôhoku, Date Masamune, enviou a España unha delegación coñecida como "Embaixada Keichô a Europa", onde tiveron lugar os primeiros contactos documentados entre Xapón e España.
Con motivo deste aniversario a Fundación Xapón, en colaboración co centro de Linguas da Universidade de Santiago e a profesora Minako Takashi, organizou un concerto de minyô, música tradicional xaponesa da rexión de Tôhoku.
O departamento de xaponés organizou unha excursión a Santiago onde puidemos asistir a unha charla sobre minyô, aprender cancións xaponesas e disfrutar de un marabilloso concerto de minyôu (Akiko Kiyono), shakuhachi (Shusui Enomoto) e shamisen (Hiroshi Yamaguchi).

¡Esperamos poder contar con mais actos coma este en Galicia!