PORTA ABERTA: VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
BASES:
Primeira.- Os traballos desenvolveranse sobre o tema: “PACEWICZ, EN VIGO”.
Segunda.- Os traballos inéditos e orixinais, van dirixidos ás persoas amantes da fotografía, agás as/os profesionais.
Terceira.- Presentaranse cando menos, catro fotografías, cun tamaño mínimo de 15 x 20. Avaliarase moi especialmente a súa orixinalidade, debendo indicar a súa situación e o seu nome (se o ten).
Cuarta.- A data límite de presentación dos traballos será o día 27 de abril de 2012.
Quinta.- Os traballos entregaranse na Asoc.Antigas/os alumnas/os da EOI “PORTA ABERTA”, cun sobre pechado donde constarán os seguintes datos:
VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
“PACEWICZ EN VIGO ”
Asoc.Antigas/os alumnas/os da EOI
“PORTA ABERTA”
Mártínez Garrido, 17
36205-VIGO
Pseudónimo: ………………………………………………………………………
Dentro do mesmo sobre, noutro máis pequeño, co mesmo pseudónimo escrito fóra, incluirase unha folla cos datos persoais da/o autora/or, nome, apelidos, enderezo e teléfono de contacto.
Sexta.- O xurado comporase de tres persoas nomeadas pola Asociación.
Sétima.- Do fallo do xurado informarase ás persoas premiadas. A data de entrega de premios será o día da clausura da exposición.
Oitava.- Os traballos exporanse ao público do 21 ao 31 de maio de 2012, na entrada da EOI.
Novena.-Todos os traballos pasarán a ser propiedade da Asoc. “PORTA ABERTA” que se reserva todos os seus dereitos.
Décima.- Concederanse dous premios coa seguinte dotación:
1º PREMIO valorado en 120 Euros
2º PREMIO valorado en 60 Euros
O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
Décimo primeira.- Só se aceptará un traballo por persoa e a participación neste concurso suporá a aceptación destas bases e as decisións do xurado.