Homenaxe a Uxío Novoneyra
no Courel
Domingo 9 de maio 2010
no Courel
Domingo 9 de maio 2010
8.00 h: Saída da Escola de Idiomas.
11.00 h: Camiñada desde a Ferrería de Seoane do Courel con destino a Parada (lugar natal do homenaxeado da Letras Galegas) organizada por AMIGOS DE UXÍO NOVONEYRA, www.uxionovoneyra.com.
- 3 Km de percorrido a pé.
- Paradas para recitar poemas de Novoneyra, quen o desexar.
- Actuacións musicais durante o camiño.
13.00 h: Acto de homenaxe, xunto a casa natal do poeta:
- Evocación de Uxío Novoneyra e o seu espazo natural.
- Intervirán músicos e cantautores.
- Os participantes que desexen intervir neste acto deben solicitalo antes a uxionovoneyra@gmail.com.
- Remate con ofrenda floral diante da casa de Novoneyra a cargo dun grupo de escolares do Courel.
15.00 h: Xantar ao aire libre nos soutos que rodean a casa de Novoneyra, con fermosas paisaxes. Cada persoa levará a súa mochila de comida e bebida.
19.00 h: Regreso para Vigo.
22.00 h: Chegada a Vigo, Escola de Idiomas.
Observacións: Dada a variación climatolóxica do Courel recomendamos que leven paraugas ou chuvasqueiros.
Tamén pode estar un día de moita calor, como é típico nos altos cumes do Courel.
Estas variacións teñen que terse moi en conta.
As persoas deben levar na súa mochila comida e bebida, dado que en Parada non hai bares nin posibilidade algunha de adquirir alimentos
Data: Domingo, 9 de maio
Hora: 8.00 h na EOI
Prezo: 5 €
Anotacións: Conserxaría da Escola de Idiomas
Organiza: Equipo de Dinamización Lingüística da EOI