O alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, visita a Escola Oficial de Idiomas de Vigo para facer público o compromiso de conceder 20.000 € para bolsas de estudo de inglés e francés no estranxeiro.
A Escola de Idiomas seleccionará os mellores expedientes académicos aos que se lles concederán as bolsas correspondentes para mellorar o seu coñecemento do idioma durante o verán en centros europeos.
O anuncio foi feito público polo alcalde de Vigo nun acto celebrado na aula magna da Escola de Idiomas durante a visita que realizou ás instalacións da EOI de Vigo.
Durante o percorrido polas instalacións, o alcalde de Vigo coñeceu as dotacións de cada aula, que contan cos máis actuais equipamentos audiovisuais para o ensino de idiomas e, posteriormente, acompañado pola directora da escola D.ª Mª Cristina González, dirixiuse á comunidade escolar na aula magna para facer pública esta colaboración económica da administración local que preside.
No hay comentarios:
Publicar un comentario