17/4/09

Oriente Exprés














Existosa repercusión social da semana "Oriente Exprés":

Diario Atlantico: "Cando o quimono é arte",
La Voz de Galicia: "O ritual da cerimonia do té", "Curso acelerado de cultura oriental"
Faro de Vigo: "Entrevista a Lin Yue", "Cando escribir é unha arte"
El País (Galicia): "A tradición oriental ensínase en Vigo"


O Ciclo Oriente Exprés, organizado pola EOI de Vigo e encadrado dentro do Seminario “Vigo: nós e a cidade” da Fundación Carlos Casares, desenvolverase os días 20, 21 e 22 de abril na Escola Oficial de Idiomas, mentres que a xornada de clausura do xoves 23 de abril se celebrará no salón de actos do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), que tamén colabora co Ciclo.

O Ciclo incluirá conferencias impartidas por especialistas e expertos en diversos aspectos, da cultura, sociedade, historia e economía de China e Xapón: falarase sobre gastronomía, teatro, etc., e haberá demostracións de caligrafía, da cerimonia do té ou da arte de vestir quimonos, así como unha exposición de mangas orixinais na que colaboran as librerías Norma Comics, Mazinger Vigo, Esbozos e a Asociación Xuvenil Ippon.


Paralelamente á celebración do Ciclo Oriente Exprés inauguraranse tamén na Escola Oficial de Idiomas unha exposición de gravados de Maite Meixide, Leandro Rial e Xabier de Sousa, así como unha interesante exposición de fotografía de Luis Ocaña sobre o mundo oriental.

Acceso a galería de imaxes.

2 comentarios:

Moe dijo...

Enhorabuena por el éxito de Oriente Exprés!
Ha sido una semana muy interesante. Espero que el año que viene se puedan repetir este tipo de actividades :)

Anónimo dijo...

Muy buenas las conferencias y la programacion en general! felicidades! espero que repitais y hagais mas actividades culturales interesantes sobre Oriente.