11/3/09

Exposición itinerante sobre Chandebrito


Datas da exposición: do 10 ao 26 de marzo
No recibidor da escola de idiomas.
Paralelamente, podedes participar en

VISITAS GUIDAS A CHANDEBRITO


O concello de Nigrán, a través das Concellarías de Turismo e Medio Ambiente, organiza dúas visitas guiadas á parroquia de Chandebrito:


Martes 17 de marzo

Domingo 29 de marzo


Saída ás 10 h, oficina de turismo Dunas de Gaifar.

Obxectivo: coñecemento e revalorización do Patrimonio Arqueolóxico, Natural e Etnográfico de Chandebrito.


Tempo estimado da visita: dúas horas e media.

Estas visitas terán como temas principais:

· Sendeiro da Fraga de Roda; onde nos introduciremos na maxia do bosque de Rodas acompañados polo canto da auga e dos paxaros; entre fentos reais e árbores que acariñan.

· CICLO DA AUGA, senda interpretativa sobre o Patrimonio Etnográfico; cun tema principal o aproveitamento da auga nun monte sen río.



SUXESTIÓNS: Ademais da roupa e calzado adecuados, recoméndase levar cámara fotográfica ou vídeo, ou material necesário para recollida de paisaxes sonoras.


Máis información: 986.36.87.34

www.chandebrito.org

No hay comentarios: