21/11/08

O escritor Xavier Castro na EOI

Conferencia-coloquio

"Historia da muller e das relacións amorosas en Galicia"

Data: luns 24 de novembro

Hora. 20.00 h

Lugar: aula magna da EOI


XAVIER CASTRO PÉREZ (Cangas do Morrazo, Pontevedra 1954) é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1982). Imparte docencia desde 1980 na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, como Catedrático de E. U. na área de Historia Contemporánea.

Acumula unha amplia experiencia docente e investigadora levada a cabo en universidades e centros de estudios de Argentina, Francia e Estados Unidos. Dirixiu varios proxectos de investigación subvencionados pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación.

En colaboración co profesor Jesús de Juana promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Foi subdirector e membro do consello de redacción da revista Grial.

Entre as súas publicacións sobresaen: O galeguismo na encrucillada republicana (1983), A lume manso. Estudios sobre historia social de la alimentación (1998), Ayunos y yantares: Usos y costumbres en la historia de la alimentación (Nivola, 2001), A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares, (Trea, 2006). Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX). (Nigratrea, 2007). Estas publicacións obtiveron relevantes premios de investigación (entre outros, o premio de investigación Álvaro Cunqueiro de Gastronomía, en dúas edicións, e o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo).

Tamén é autor de numerosos artigos en libros colectivos e revistas especializadas sobre a temática do nacionalismo, a alimentación, a bebida e a emigración galega en América, temas que conforman as liñas principais do seu traballo de investigación. Tamén escribiu numerosos artigos na prensa e impartiu un gran número de conferencias.

Comisario da Exposición do cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000). Membro da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (do Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Imparte cursos sobre a cultura e cata do viño e desempeñou o traballo de asesor histórico en varios proxectos audiovisuaiss (As leis de Celavella, La cocina atlántica, A casa de 1906, e de 1907).

Na actualidade promove, en calidade de investigador principal, o Proxecto de Investigación "Turismo histórico, gastronómico, enológico y cultural, en la ciudad Santiago de Compostela”, patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

No hay comentarios: