2/3/17

Mostra de fotografía OBXECTIVO PÚBLICO



Moitas grazas aos alumnos da EOI por participar na mostra fotográfica organizado polo EDL da EOI de Vigo co tema : Fotodenuncia. Aquí tendes as súas fotos:



 “METANATURA”, "CONTRANATURA”, “SUPRANATURA”
Autor: Javier Antepazo Pena
A fábrica conserveira de Massó foi unha das empresas máis grandes de Galicia formando parte do patrimonio industrial en Cangas do Morrazo.
A denuncia vai vinculada á falta de recursos destinados ao que formou parte da nosa historia e como a natureza vai reclamando o que foi seu.



“CUNHA MAN CHEA DE NADA E OUTRA COUSA DE NINGUNHA”
Autora: LOLA
Espacio baleiro e cheo de cascallos na periferia de Vigo, que podería ser mercado ou alugado pólo Concello e adicado a centros xuvenís para lecer ou formación.







"MENSAXE DUNHA BOTELLA"
Autora: Mariaxe
Descripción: Botella atopada no Esteiro da Foz (A Ramallosa).

Sensibilización, educación e limpeza.





“A ÚLTIMA VOLTA”
Autora: Mariaxe
Roda atopada no Esteiro das Salinas do Ulló (Vilaboa).
Sensibilización, educación e limpeza.











Autora: Jessica Grandío
Mostra dos arredores da Xerencia de Urbanismo de Vigo que non casan nada co nome do edificio.

"Mensaxe dunha botella na Costa da Morte"
Autora: Yolanda
Botella de plástico atopada nunha praia na Costa da Morte. Unha máis das tantas que se abandonan sen pensar nas consecuencias.

Gozar da entorna significa saber coidala. Lembremos que hai animais no mar que poden inxerir o plástico.