26/1/09

Concurso de fotografía

“Recunchos con encanto”


BASES

Poderá participar todo o alumnado matriculado na EOI, persoas matriculadas en cursos complementarios de idiomas organizados pola Asociación do Alumnado, así como persoal traballador do centro.

Só se poderá presentar unha fotografía por persoa.

Premios: Haberá un 1º premio de 100 € e dous finalistas de 50 € cada un en cheque trocable por libros.

Prazo de presentación: ata o luns 2 de marzo.

Exposición de traballos: a partir do martes 3 de marzo

Veredito do xurado: luns 17 de marzo. Este veredicto será inapelable. O concurso pode quedar deserto se así o considerar o xurado.

Formato das fotografías:

Tamaño: 24x30 cm

Color ou branco e negro

As fotos deben ser entregadas enmarcadas en cristal, con suxeición para a súa exposición.

Tamén se entregará unha copia dixital en CD para a súa publicación na páxina web da escola.

As fotos que non cumpran estes requisitos non serán admitidas.

Entrega das fotos:

Lugar de entrega: conserxaría da escola de idiomas.

Ficha de inscrición: na conserxería, para cubrir á entrega da fotografía.

Organiza: Equipo de Normalización Lingüística

No hay comentarios: