11/12/08

Declaración Universal dos Dereitos Humanos


Na escola celebramos esta conmemoración o día 10 de decembro, dedicándoa especialmente á situación dramática que atravesa o continente africano e a integración das persoas que están chegando ao noso país.

Para falarnos deste tema tivemos entre nós a Ibrahim Niang, ex presidente en Vigo de AIDA (Asociación para a Integración e Desenvolvemento do Africano) que baixo o título de "Éxodos africanos" ofreceu unha disertación sobre a diáspora africana que está chegando ás nosas costas, as súas causas e a integración de todas estas persoas na nosa sociedade.

No hay comentarios: